Proxecto It Gets Better

It Gets Better (que do inglés podemos traducir Mellorará) é un proxecto internáutico fundado en Estados Unidos por Dan Savage e o seu home[1] Terry Miller[2] o 21 de setembro de 2010, en resposta aos suicidios cometidos por rapaces novos que eran marxinados por ser ou parecer gays. A súa meta é previr o suicidio da xuventude homosexual mediante mensaxes de adultos convencéndoa de que a súa vida irá a mellor.[3]

O proxecto medrou rapidamente, con douscentos vídeos subidos na primeira semana,[4] e a canle do proxecto no YouTube alcanzou o límite dos 650 vídeos na semana seguinte.[5] O proxecto está actualmente organizado coa súa propia páxina web, It Gets Better Project,[5] e inclúe máis de 22.000 entradas de xente de todas as orientacións sexuais, incluíndo famosos.[6] Publicouse un libro de ensaios sobre o proxecto en marzo de 2011.[7]

  1. Wyatt Buchanan (21 de outubro de 2005). San Francisco Chronicle, ed. "Marriage can be right for us all, says Dan Savage. But let's not get carried away with monogamy". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  2. Itgetsbetter.org (ed.). "Video: Authors @Google: Dan Savage and Terry Miller on the It Gets Better Project | It Gets Better Project". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  3. Parker-Pope, Tara (22 setembro de 2010). "Showing Gay Teens a Happy Future". The New York Times. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  4. Savage, Dan. "Welcome to the It Gets Better Project". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Hartlaub, Peter (2010-10-08). "Dan Savage overwhelmed by gay outreach's response". San Francisco Chronicle. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  6. Noreen Fagan (8 de febreiro de 2011). "Dan Savage talks teens, straight people and It Gets Better". Xtra!. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  7. Furlan, Julia (22 de marzo de 2011). "The 'It Gets Better Project' Turns the Spotlight on Anti-Gay Bullying". WNYC. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in